BOLETÍN A RÚA

 

Descargar Número 3 - setembro 2021

Logo dun longo período de tempo, recuperamos o noso boletín informativo “A Rúa”. Un boletín que pretende acercar o noso traballo político á veciñanza. Traballo que están a realizar en primeira liña o noso voceiro, José Antonio Otero, e a nosa edil, Ana Cristina Domínguez, pero o cal non sería posible sen a labor das compañeiras e compañeiros da organización, que día tras día colaboran para que o noso Grupo Municipal leve adiante as diferentes propostas para lograr mellorar o noso concello e a calidade de vida das veciñas e veciños.

Neste número facemos balance do traballo que nestes dous primeiros anos do mandato 2019-2023 temos realizado nos plenos, na prensa, nas redes sociais e na rúa. As nosas aportacións e propostas, as nosas críticas ao goberno, as nosas peticións...

Nestes dous primeiros anos preocupámonos polo deterioro e abandono da nosa cultura e patrimonio, polos cambios sen criterio na circulación, pola falta de planificación turística,... denunciamos as deficiencias e abandono dos diferentes barrios, da parroquia de San Vicente,... fixemos propostas educativas, de igualdade, para servizos sociais, sanitarias, de recuperación económica, medio ambientais,... Denunciamos a falta transparencia e participación deste goberno. Pedimos en numerosas ocasións, con resultados insatisfactorios, mesas de traballo participativas, co propósito de sacar adiante e con consenso asuntos de suma importancia como o PMUS ou o PXOM, para traballar na recuperación económica, na posta en valor do noso patrimonio ou no turismo. Mesas e xuntanzas que se nos negaron continuamente porque, se este goberno ten algo claro, é que coa súa maioría absoluta van facer e desfacer á súa maneira.

O que mostramos neste número é un resumo do traballo realizado, hai moito máis; propostas económicas e sociais durante a crise da Covid-19, propostas a ordenanzas, consellos locais,...

Podes consultar e seguir todo ese traballo nas nosas redes sociais (facebook, telegram, youtube...) ou na nosa páxina web.


outros númreos:

Número 2. xaneiro 2015 - Descargar

Ningún comentario:

Publicar un comentario